Xornada de asesoramento “Intelixencia Artificial e Deseño Paramétrico” COAG-COAM. Roberto Molinos | Modelical

18 xuñ 2024

Desde a área de formación e innovación do COAG, en colaboración co COAM, está a porse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas divulgativas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias.

Así, o xoves 27 de xuño terá lugar a segunda xornada do ciclo Ciclo “Arquitectura, Arquitectos e Proxectos dixitais en 2024: Mais aló do BIM”, que versará sobre o uso da Intelixencia Artificial e o Deseño Paramétrico na elaboración de proxectos de arquitectura e construción, e estarán a cargo da mesma Roberto Molinos, arquitecto e Director Xeral de Modelical, e Francisco Tabanera, arquitecto, e director da área técnica de Modelado Complexo de Modelical.

Durante esta xornada, estudiaranse a vantaxes e limitacións do deseño paramétrico na súa apliación a proxectos de arquitectura de calquer escala, introduciranse as aplicacións da Intelixencia Artificial para os profesionais da arquitectura no desenvolvemento do exercicio profesional, así como as aplicacións e casos de uso no mundo da arquitectura e deseño arquitectónico destas novas ferramentas dixitais.

Relatores:
Roberto Molinos é arquitecto (UPC 2007), máster en estruturas (UPM 2010) e é o director xeral de Modelical, unha consultora especializada na dixitalización do sector da construción. Ademais é profesor asociado en IE School of Architecture and Design, onde dirixe o programa avanzado BuiltTech, e onde imparte clases sobre deseño computacional, BIM e xestión da tecnoloxía. A súa experiencia de Roberto abarca desde proxectos multimillonarios de estadios, aeroportos e outras infraestruturas até a implementación de tecnoloxías de deseño en empresas e organizacións de todos os tamaños. Antes de fundar Modelical, Roberto traballou como arquitecto e especialista BIM en Idom e Sener.

Francisco Tabanera é arquitecto (UPC 2016), máster en Deseño Avanzado e Arquitectura Dixital (ELISAVA 2011) e é socio e director da área técnica de Modelado Complexo de Modelical. Además é profesor na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, onde dirixe o traballo final do Máster en Metodoloxía e Xestión BIM de Proxectos, Construción e Activos inmobiliarios. A traxectoria de Francisco inclúe desde a xestión de proxectos de gran envergadura, como estadios, hospitais e centros comerciais, ata a introdución de tecnoloxías de deseño en empresas e organizacións de Europa, América do Sur e Oriente Medio. Antes de traballar en Modelical, Francisco traballou como arquitecto deseñador no proxecto da Sagrada Familia de Barcelona, onde xestionou xeometrías complexas e requisitos de construción moi sofisticados, fora dos estándares do sector.

Data:
Xoves, 27 de xuño, de 18:30 a 20:30

Lugar:
Salón de actos da Fundación ONCE, en rúa Cantón Grande 3, 15003 A Coruña.

Inscrición:

  • Asistencia presencial: O aforo é limitado. Para acudir presencialmente a esta xornada é necesario inscribirse no seguinte ENLACE.
  • Seguemento en streaming: ENLACE

Colabora

Compartir