O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para o exercicio profesional, relacionados cos procedementos vinculados á autorización de obras e actividades, incluíndo as últimas modificacións introducidas nos devanditos procedementos polas leis 18/2021 e 7/2022, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, que entre outras, inclúen, como principais novidades, a tramitación da licenza de obras co proxecto básico e a primeira ocupación polo procedemento de comunicación previa.
Ademáis, analizaranse, desde un enfoque práctico, os principais aspectos relacionados coa disciplina urbanística e os diferentes procedementos vinculados ás edificacións e actuacións levadas a cabo sen título habilitante.
As exposicións teóricas complementaranse cunha sesión práctica de traballo en grupos sobre os contidos do curso.
Duración total: 30 horas [18 horas seminarios web teóricos | 6 horas taller | 6 actividades offline]
Prezos de matrícula:
- Matrícula ordinaria: 90 euros
- Arquitectos colexiados: 55 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 30 euros
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o venres 26/05/2023 ás 12:00 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 12:00h do venres 26/05/2023 ata o domingo 04/06/2023 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Modalidade: on line
Relatores
- Ignacio Soto González. Arquitecto municipal Concello de Teo.
- José María Domínguez Blanco. Licenciado en Dereito. Xefe de Disciplina Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+enlace a programa completo e matriculación]