Xornada “O dereito á cidade. Da participación á autoxestión”

8 maio 2019

O vindeiro venres 10 de maio, no Centro Cívico de Canido, na cidade de Ferrol, a partir das 17 h, celébrase unha xornada sobre participación e autoxestión na construcción da cidade, promovida conxuntamente pola Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Asociación Vecinal de Canido.

O evento procura afondar na necesidade de que a veciñanza se apropie das ferramentas necesarias para o deseño e xestión dos barrios, ferramentas que normalmente só están nas máns da administración, para así poder superar unha visión tecnocrática que é común á hora de implementar políticas de mobilidade, vivenda ou as estratexias urbanas.

Este achegamento faise a través da explicación de tres experiencias que se están a desenvolver actualmente na ría de Vigo, na cidade de Porto e no barrio de Canido, en Ferrol.

Agardamos sexa do teu interese.

Compartir