Encontro Nadal 2025 Delegación de Ferrol

15 Dec 2025

Como é tradicional nestas datas, o vindeiro xoves día 18 de decembro, ás 19.30 horas, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza o seu encontro de Nadal.

Nesta xornada, as nosas compañeiras Tamara Souto Quindimil, Blanca Rodríguez-Villasante e María Pilar Cañás Ponte realizarán unha exposición dos seus traballos TFG (Traballo Fin de Grao) e TFM (Traballo Fin de Máster).

A continuación finalizaremos o encontro cun aperitivo de Nadal.

A xornada celebrarase na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo).

Compartir