Con motivo da exposición “Obras Galegas Premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo” que se pode visitar na sala de exposicións da Delegación de Ferrol do COAG desde o día 3 ata o día 24 de febreiro, o vindeiro xoves día 17, ás 19,00 horas, celebrarase unha conferencia-coloquio na que participarán os nosos compañeiros Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes (Fuertespenedo Arquitectos), que nos falarán da súa obra de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros), e Abraham Castro, que nos explicará a súa intervención levada a cabo no campo de fútbol da Gandareira (Silleda), realizada conxuntamente co arquitecto Carlos Pita.
Ao finalizar a conferencia-coloquio servirase un aperitivo aos asistentes. A xornada levará a cabo nas instalacións da Delegación de Ferrol do COAG (Avenida de Esteiro 129, baixo), e a asistencia é de libre acceso a calquera persoa interesada. Dado que o aforo é limitado, é imprescindible a inscrición a través da seguinte ligazón antes das 23:59 horas do próximo martes día 15 de febreiro.