A relación de postos de traballo do Concello de Caldas de Reis contempla unha praza de arquitecto/a, que a día de hoxe se atopa vacante. En tanto non se procede á súa provisión, a intención dese Concello é que as función propias do posto poidan ser desempeñadas a través da figura prevista no artigo 209 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, que permite “a realización polo persoal funcionario propio das entidades locais de funcións e tarefas no ámbito territorial doutras entidades locais”.
Conforme á solicitude do devandito Concello, informáse desta circunstancia para coñecemento dos funcionarios municipais doutros Concellos, interesados en promover a celebración de dito convenio de colaboración administrativa.
De acordo co previsto no artigo 209 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, as entidades interesadas deberán formalizar o oportuno convenio, que especificará:
- O ámbito de aplicación.
- Os servizos aos que afectará a realización de funcións e tarefas no ámbito territorial doutra entidade local.
- O persoal asignado aos devanditos servizos.
- As funcións e tarefas a desenvolver polo persoal afectado.
No expediente deberá constar igualmente a conformidade do persoal afectado, que manterá en todo caso a súa relación funcionarial coa entidade local á que pertenza.
O emprego desta fórmula permitiría que un funcionario doutro Concello desempeñase as funcións propias do posto de arquitecto no Concello de Caldas de Reis.
Para obter máis información ao respecto deste asunto, será preciso contactar co Concello de Caldas en:
Concello de Caldas
E-mail: alcaldia@caldasdereis.gal
Tlf.: 699954451