Prazas de arquitecto/a nos concellos de Abegondo e Boiro

16 Xan 2023

Publicadas en boletíns oficiais convocatoria e bases para prazas de arquitecto que se relacionan a continuación.

ABEGONDO

Bases xerais praza arquitecto por concurso – oposición- BOP-A Coruña 16/1/2023.

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. DOG 12/1/2023.

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO das bases xerais e específicas e das convocatorias que rexerán os procesos selectivos de estabilización, polo sistema excepcional de concurso e concurso-oposición, en execución da oferta de emprego público de 2022. DOG 12/1/2023.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir