Deputación Provincial de Lugo – Convocatoria dunha listaxe de emprego de arquitecto/a de carácter temporal

1 Out 2021

No BOP-Lugo de 1 de outubro, aparece o ANUNCIO de acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo de data 24.09.2021 na que se aproba a convocatoria e bases específicas para constituir unha listaxe de emprego de arquitecto/a para prestar servizos de carácter temporal na Deputación Drovincial de Lugo.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir