Deputación da Coruña_Praza de arquitecto/a correspondente á Oferta de Emprego Público 2020

21 Abr 2023

No BOP-A Coruña de 21 de abril, publícase o anuncio da Deputación Provincial da Coruña, Servizo de Planificación e Xestión de Recursos Humanos. Sección de Planificación de Recursos Humanos, onde figuran as Bases específicas dunha praza de arquitecto/a (A1) – OEP 2020 acceso libre.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

 

Compartir