Concello de Vivieiro – Dúas prazas de arquitecto/a

16 Dec 2022

No BOP-Lugo de 16 de decembro, aparece o anuncio da convocatoria e bases reguladoras cos seus anexos aprobadas pola Alcaldía, polas que se inicia o proceso selectivo para o ingreso en prazas de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo no Concello de Viveiro, onde figuran dúas prazas de arquitecto/a.

Enlace ao BOP Lugo.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir