No BOP de Pontevedra do 16/08/2022 pubícase a Convocatoria e as Bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario de carreira, coa denominación de arquitecto/a, grupo A1, escala administración especial, subescala técnica, sistema de acceso libre, procedemento de selección concurso-oposición; mediante a publicación deste anuncio procédese a súa convocatoria, outorgando un prazo de presentación de solicitudes de vinte días naturais a partir do seguinte ao do seu anuncio no Boletín Oficial do Estado.