Concello de Ponte Caldelas – Unha praza de arquitecto/a

17 Ago 2023

No BOP Pontevedra de 16 de agosto publícase a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira, arquitecto/a, en execución da Oferta de Emprego Público de 2023, do concello de Ponte Caldelas.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOE.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir