Concello de Mugardos – Prórroga das listas para a provisión temporal de arquitecto/a

8 Set 2020

No BOP de A Coruña do 8 de setembro, anúnciase que se prorroga a vixencia das listas para a provisión temporal de postos de traballo no Concello de Mugardos, na categoría de arquitecto/a.

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA NÚM. 747/2020.- … E visto que a lista ou bolsa de traballo para posibles contratacións laborais temporais dun/dunha arquitecto/a, está caducada con efectos do día 15.08.2020, e sendo materialmente imposible proceder á confección dunha lista para provisión temporal de postos de traballo no Concello de Mugardos na citada categoría, e tendo en conta a necesidade de efectuar contratacións para a substitución do persoal municipal nos supostos de baixa laboral, vacacións, etc…, faise necesario dispor de listas de substitución. …pola presente RESOLVO:

1.- Prorrogar a vixencia da lista ou bolsa de traballo para posibles contratacións laborais temporais dun/dunha arquitecto/a ata a confección dunha nova lista para provisión temporal de postos de traballo no Concello de Mugardos na citada categoría.”

Enlace áo BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir