No BOP-Lugo de 8 de novembro, aparece o anuncio do decreto de alcaldía de data 03/11/2022 polo que se aproban as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura, mediante funcionario/a interino/a, da praza de técnico/a urbanístico (arquitecto municipal) do Concello de Monterroso prevista na RPT.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Monterroso no prazo de cinco días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello sito na sede electrónica do concello https://monterroso.sedelectronica.es/info.0
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.