Concello de Covelo – Praza de arquitecto/a

9 Dec 2022

No BOP de Pontevedra de 9 de decembro, aparecen as bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de selección de persoal funcionario/laboral fixo no proceso de estabilización de emprego temporal do Concello de Covelo.

Entre as prazas convocadas, figura unha de arquitecto/a.

As solicitudes de participación no proceso selectivo, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Covelo. Presentaranse, debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do Concello, no modelo oficial, que será facilitado no Concello de Covelo, sito na Praza Mestre Cerviño nº2 de Covelo, ou na páxina web http://www.concellodecovelo.es, achegando a documentación solicitada, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE); ou por calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir