Concello de Camariñas – Bolsa de funcionario interino para cubrir ausencia de arquitecta municipal

29 Mar 2022

No BOP A Coruña de 29 de marzo, publícase a convocatoria de probas selectivas, mediante concurso-oposición, para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante concurso-oposición, dun funcionario/a interino/a, para a praza de arquitecto/a do Concello de Camariñas para futuros nomeamentos.

As solicitudes presentaranse en modelo oficial que se achega como anexo ás bases, dirixidas á Alcaldía, presentaranse no Rexistro Xeral das oficina municipais en horario de oficina ou no Rexistro telemático (sede electrónica), durante o prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, esta se anunciará a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas (sinalándose a data de publicación no Boletín Oficial da Provincia). Ademais as instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, neste caso os aspirantes deberán comunicalo mediante fax ao número: 981736319 ou ao correo electrónico: correo@camarinas.net, achegando copia da solicitude rexistrada.

ENLACE AO BOP.

Compartir