No BOP de A Coruña de 9 de agosto, aparece a Convocatoria e bases específicas reguladoras da convocatoria do proceso de selección de persoal funcionario, para acceso á praza vacante de arquitecto/a do ARI, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Betanzos (A Coruña), polo procedemento de concurso-oposición e constitución de unha bolsa de emprego.
As solicitudes dirixiranse a alcaldesa-Presidenta da Corporación Municipal, e presentaranse preferiblemente por medios electrónicos na sede electrónica do Concello de Betanzos, no prazo de VINTE (20) días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no BOE.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.