Concello de A Lama – Unha praza de arquitecto/a

22 Ago 2023

No BOE de 21 de agosto, publícase a Resolución de 10 de agosto de 2023, do concello de A Lama (Pontevedra), referente á convocatoria para proveer unha praza de arquitecto/a.

Esta publicación inicia o cómputo do prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación.

Enlace ao BOE.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

 

Compartir