Concello da Coruña – Prazas de arquitecto/a

18 Abr 2023

No BOP A Coruña de 17 de abril, publícase a aprobación da Oferta de Emprego Público para o ano 2023 do Concello da Coruña onde figuran, entre outras, 4 prazas de arquitecto/a.

Enlace ao BOP A Coruña.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir