No BOP-A Coruña de 12 de maio, publícase o Anuncio publicación das bases específicas do proceso selectivo convocado para a cobertura, pola quenda libre, de 11 prazas de arquitecto/a superior (subgrupo A1), C.E. 1/23, do Concello da Coruña.
SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gal) mediante específico “Participación en probas selectivas” ou mediante o procedemento establecido nas respectivas bases específicas. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, neste caso poderase descargar o modelo oficial de tramitación presencial na sede electrónica.
Para seren admitidas nas probas selectivas correspondentes as persoas aspirantes deberán declarar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na correspondente convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.