Edicións

Publicacións culturais

Coa súa política de publicacións, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia quere materializar un dos seus obxectivos fundacionais: estar presente de forma activa na sociedade galega en todas aquelas cuestións que garden relación coa calidade de vida, co patrimonio histórico e cultural colectivo e coa ordenación e o desenvolvemento do noso país cara ao futuro.

Dende esta preocupación, lévase a cabo dende 1975 unha acción cultural a través da edición de libros, de temáticas tan variadas como historia e teoría da arquitectura, protección do patrimonio construído, catálogos e guías de arquitectura urbana, etc. Para iso mantén colaboracións con institucións culturais, universidades, administración pública, etc.

Publicacións técnicas

Dende o ano 2000, o Colexio de Arquitectos edita tamén unha serie de publicacións técnicas que lle permiten manter operativas diversas canles de difusión e comunicación cos arquitectos, outros axentes do sector da edificación e coa sociedade en xeral, sobre a nosa visión tecnolóxica da arquitectura e o urbanismo.

Por un lado, a información baséase na publicación de libros técnicos, cuxo obxectivo común é o de ofrecer contidos o máis útiles e prácticos posible ao colexiado. Por outro lado, en relación ao traballo diario do arquitecto, o noso apoio céntrase na edición de aplicacións informáticas que facilitan aquelas tarefas máis laboriosas con ferramentas axeitadas á realidade actual.

Revistas

Ademais das publicacións culturais e técnicas o Colexio de Arquitectos edita dúas revistas:

Obradoiro e O Monografías, órganos periódicos de expresión do Colexio cuia finalidade é proxectar a dimensión cultural da arquitectura.

No ano 1978 a Comisión de Cultura do COAG poñía na rúa o número 0 da Revista Obradoiro, instrumento aberto de información, estudo e discusión sobor de todo o relacionado coa arquitectura, o urbanismo, a construcción e o medio ambiente.

En 2001 sae do prelo o número 1 da publicación O Monografías, subtitulada Revista de arte e arquitectura. Nesta revista trátase de forma monográfica temáticas de significativa importancia de arte e arquitectura.

Formulario de pedido exclusivo para a venda a colexiados en Galicia, calqueraoutra petición a través do noso distribuidor:

Distribución e pedido de publicacións

Formulario de pedido (non só para colexiados)

Distribuidor:

Librería Formatos
Avenida Fernández Latorre 5/9
15006 A Coruña (España)
Teléfono: 981 255 210
correo-e: formatos@libreriaformatos.com