Visita informativa para licitadores do Concurso de remodelación do Porto de Portonovo

2 Febreiro 2022

Segundo o previsto nas Bases administrativas e técnicas (Parte 1º, Epígrafe 6) que rexen a convocatoria do concurso aberto para a remodelación dos terreos que ocupa o porto de Portonovo e a súa contorna, no municipio de Sanxenxo, Portos de Galicia e Concello e Sanxenxo organizan o vindeiro VENRES DÍA 11 DE FEBREIRO ÁS 11 HORAS unha visita guiada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos ao ámbito de actuación do concurso.

O obxecto deste percorrido e coñecer in situ a problemática existente, así como os posibles condicionantes e valores a conservar e potenciar.

punto de encontro será a fachada principal do edificio da LONXA DE PORTONOVO.

A visita ESTÁ ABERTA A TODOS OS INTERESADOS NA LICITACIÓN.

Compartir