Publicación de corrección de erros e ampliación do prazo de presentación de ofertas do Concurso aberto de proxectos con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para o Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

9 Feb 2022

Con data do 9 de febreiro de 2022 publicouse unha corrección de erros do documento denominado RESPOSTA A CONSULTAS A 2/2/2022 publicado no perfil de contratante da USC o día 3/2/2022 e na páxina web do COAG.

A citada corrección de erros refírese ás respostas ás consultas nº 27 e 31 e o reitorado da Universidade resolveu prorrogar o prazo de presentación de ofertas ata as 14:00 horas do día 18 de febreiro de 2022.

Pode consultarse o documento da resolución do Reitorado así como o documento coa corrección de erros, no perfil do contratante, dentro do apartado “Documentos”, subapartado “Outros arquivos asociados o procedemento” a través do seguinte enlace:

Enlace al perfil del contratante.

 

 

 

Compartir