En cumprimento do establecido na cláusula 7.4 do Prego de Bases que rexe este concurso, que con data de hoxe procedeuse a publicar na Plataforma de contratos de Galicia a acta da comisión administrativa relativa ao acto público do 20 de marzo de 2023 no que se procedeu á apertura dos sobre A dos premiados no Concurso de ideas, con intervención de Xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitacion do edificio dos xulgados situados na rúa Lalín de Vigo, para uso de asociacións e entidades sociais, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UniónEuropa (NEXTGENERATION UE).
- Apertura dos sobre A coa finalidade de coñecer a identidade dos premiados.
Faise constar que na reunión do 20.03.2023 o xurado designado para este concurso emitiu o seu fallo; propuxo ao gañador do concurso e aos demais premiados e elevou o fallo ao órgano de contratación para a súa aprobación e resolución do concurso de ideas.
Toma a palabra a presidenta do xurado, Dona Elena Muñoz Fonteriz, que asiste a reunión da comisión administrativa en base ao disposto na base 5.1 do prego de bases e procede a ler a proposta realizada polo xurado do gañador e demais premiados:
Lemas | |
Gañador do concurso e primeiro premio | FESTA424 |
Segundo premio | EGJIA117 |
Terceiro premio | RITMO457 |
Primero accésit | SOCIA362 |
Segundo accésit | SUBEA160 |
Terceiro accésit | LALIN412 |
A continuación e de conformidade co disposto na base 7.4 do prego de bases que rexe este concurso, a presidenta do xurado solicita á comisión administrativa que proceda á apertura do sobre A do gañador e dos demais premiados aos efectos de dar a coñecer a súa identidade:
Lemas | Identidade | |
Gañador do concurso e primeiro premio | FESTA424 | ALFONSO CARLOS PENELA FERNÁNDEZ |
Segundo premio | EGJIA117 | ELIZABETH ABALO DIAZ GONZALO ALONSO NUÑEZ |
Terceiro premio | RITMO457 | VICTOR MASCATO CANEDA |
Primero accésit | SOCIA362 | VI17 ARQUITECTURA S.L.P. |
Segundo accésit | SUBEA160 | ADOLFO AGRA GUTIERREZ IGNACIO HORTAS LOPEZ |
Terceiro accésit | LALIN412 | BAILE MENDUIÑA, S.L.P |
A presidenta do xurado recorda que, tal e como esixe o apartado 7.4 do prego de bases que rexe o concurso, a Vicepresidencia Segunda e consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicará posteriormente a este acto público, para xeral coñecemento, a lista dos premiados no perfil do contratante e na páxina web do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sen prexuízo da correspondente notificación a todos os participantes no concurso de ideas.
Non obstante, fai constar, así mesmo, que a concesión efectiva dos premios quedará condicionada á comprobación de que a documentación administrativa requirida neste prego de bases sexa correcta e demostre a capacidade de contratar, ausencia de prohibición de contratar coa Administración e demais requisitos do concursante sinalados no prego.
A tal efecto, a presidenta do xurado como órgano de contratación, require á comisión administrativa que se reúna co fin de revisar a documentación dos gañadores.
De observarse defectos ou omisións emendables na documentación administrativa presentada por algunha das propostas premiadas, comunicarase aos interesados para que no prazo de tres días hábiles poidan emendalo.
O órgano de contratación poderá deixar sen efecto a concesión dalgún premio ou asignalo ao seguinte da lista de entre os propostos polo Xurado se algún dos propostos como gañadores dun premio non acadara a solvencia e capacidade para contratar, segundo o apartado 7.2.2 das bases.
Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión e redactase a presente acta que, trala súa lectura, asinan os membros da comisión administrativa.