Publicada na Plataforma de contratos de Galicia a acta da comisión administrativa relativa ao acto público do 24 de febreiro de 2023 no que se procedeu á apertura dos sobre A dos premiados no Concurso de ideas, con intervención de Xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense.
Unha vez que os membros do xurado analizaron as valoracións propostas pola Comisión Técnica, acordan por unanimidade dos mesmos e de conformidade coa base 5 parágrafo primeiro do prego de bases, emitir o seguinte fallo:
Primeiro.- Aceptar a avaliación efectuada pola Comisión Técnica e clasificar por orden decrecente as propostas segundo a puntuación obtida da seguinte forma:
| Lema | Puntos totais |
| AAAAA100 | 89 |
| DIALO605 | 81 |
| XEITO123 | 78 |
| XATES003 | 72 |
| XUNTA000 | 69 |
| TETRA131 | 66 |
| BLOOM306 | 62 |
| BLUES032 | 58 |
| UNITA001 | 55 |
| K3ER57NX | 53 |
Segundo.- Propoñer como gañador do concurso e demais premiados aos lemas e polos importes que figuran a continuación:
| Lemas | Importe (IVE ao 21%) | |
| Gañador do concurso e primeiro premio | AAAAA100 | 75.000,00 € |
| Segundo premio | DIALO605 | 60.000,00 € |
| Terceiro premio | XEITO123 | 50.000,00 € |
| Primero accésit | XATES003 | 30.000,00 € |
| Segundo accésit | XUNTA000 | 25.000,00 € |
| Terceiro accésit | TETRA131 | 25.000,00 € |
Terceiro.- Elevar este fallo ao órgano de contratación para a súa aprobación e resolución do concurso de ideas.
A continuación e de conformidade co disposto na base 7.4 do prego de bases que rexe este concurso, a presidenta do xurado solicita á comisión administrativa que proceda á apertura do sobre A do gañador e dos demais premiados aos efectos de dar a coñecer a súa identidade:
| Lemas | Identidade | |
|---|---|---|
| Gañador do concurso e primeiro premio | AAAAA100 | UTE DÍAZ Y DÍAZ ARQUITECTOS S.L.P. e CASTROFERRO ARQUITECTOS S.C.P. |
| Segundo premio | DIALO605 | GARCÍA RODRIGUEZ ALCOBA OFICINA DE ARQUITECTURA S.L.P. |
| Terceiro premio | XEITO123 | BAILE MENDUIÑA S.L.P. |
| Primero accésit | XATES003 | ALFONSO CARLOS PENELA FERNÁNDEZ |
| Segundo accésit | XUNTA000 | LUCAS GÁNDARA ÁLVAREZ e JUAN BAUSTISTA PONS HERRERA |
| Terceiro accésit | TETRA131 | ARQUITECTOS AYALA SLP |
Enlace á plataforma do concurso (epígrafe Mesas de Contratación – Datos da Mesa 5):
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=805587
