Ampliado en 30 días naturais o prazo de presentación de ofertas da licitación da Contratación do servizo de redacción de proxecto e dirección da obra para a construción de 20 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes e rochos, no Barrio de San Eleuterio -Tameiga, polígono 52-parcela 702, do Plan Parcial de San Eleuterio, Concello de Mos (Pontevedra).
Publicado inicialmente na Plataforma de Contratos de Galicia o día 15 de maio, con data 22 de maio anúnciase a modificación de prazo de presentación de ofertas, quedando este fixado en 30 días naturais máis a partir do día seguinte de este anuncio.
En canto á empresa adxudicataria, disporá dun prazo de dous meses para elaborar o proxecto básico e de tres meses e medio máis para a redacción do proxecto de execución. Estes prazos contaranse a partir da data de sinatura do contrato.