Visita de inspección aos terreos do concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca

21 Xul 2026

A teor da cláusula 6 das bases administrativas e técnicas para a convocatoria dun concurso de proxectos con xurado, a nivel de anteproxecto en dúas fases, para levar a cabo a construción dun novo edificio de equipamento cultural, destinado principalmente á música e artes escénicas no  Concello de Carballo (provincia da Coruña e que indica): “O Concello de Carballo poderá organizar unha visita guiada ao ámbito de actuación para coñecer a problemática existente, asi como os posibles condicionantes e valores a conservar e potenciar. De celebrarse comunicarase oportunamente no perfil do contratante”.

Establécese o lugar e data desta visita:

  • Lugar: rúa María Barbeito esquina con rúa Venus (Carballo)
    Data e hora: xoves 23 de xullo ás 10:00 horas.

ENLACE Á PLATAFORMA DE CONTRATACIÓN DO ESTADO

NOTICIAS ANTERIORES

Compartir