Concurso de proxectos, con xurado, a nivel de anteproxecto en dúas fases, para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca

1 Xul 2026

Publicada na Plataforma de Contratación do Estado a Convocatoria do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónica para o deseño do novo edificio de equipamento cultural do Concello de Carballo, no que colabora o COAG. Este edificio destinarase principalmente a música e artes escénicas e a súa construción levará a cabo en tres módulos, incluíndo o acondicionamento do espazo exterior.

● Módulo 1 – Auditorio
● Módulo 2 – Espazo polivalente
● Módulo 3 – Conservatorio de música
● Espazo exterior

O proxecto contempla a construción desta serie de módulos interconectados, concibidos como unidades funcionais e autosuficientes. Esta autonomía permitirá a súa posta en servizo individual e ofrecerá flexibilidade na contratación e execución por fases separadas.

A proposta deberá incluír os tres módulos expostos. A pesar de que a súa execución poida ser diferida, cada módulo considérase unha unidade edificatoria completa en si mesma, aínda que a actuación global estea composta polo conxunto dos tres.

Os módulos 1 e 2, que suman un orzamento de execución por contrata de 6.200.000,00 €, IVE incluído contrataranse nunha primeira fase da actuación. Tanto o contrato do proxecto como a execución de obra do módulo 3 e o do espazo exterior, poderán levarse a cabo nunha fase posterior, segundo o disposto polo órgano de contratación no momento anterior á adxudicación do contrato de servizos de redacción do proxecto técnico.

O concursante deberá incluír unha proposta de deseño urbano para a área circundante onde se situará o edificio.

O concurso consta de dúas fases:

  • Unha primeira fase, pública, aberta, anónima a nivel de ideas -de forma sinxela e inicial-, na que se seleccionarán 5 propostas ás cursarase invitación para participar na segunda fase para desenvolver a súa proposta a nivel de anteproxecto.
  • Unha segunda fase, tamén anónima, na que de entre as CINCO propostas desenvolvidas a nivel de anteproxecto, -en desenvolvemento da súa idea inicial-, elixirase a proposta gañadora a cuxo autor se adxudicará o contrato de servizos de redacción do Proxecto básico e de execución e Dirección de obra dos módulos 1 e 2 por importe de honorarios de 284.703,09 € + IVE, entregándose 5.000,00€ + IVE como Primeiro premio, que terá a consideración de entrega a conta dos honorarios do contrato, mediante o procedemento negociado sen publicidade previsto no artigo 168 d) Lei 9/2017 que se tramitará de forma consecutiva tras a resolución do concurso de proxectos e a adxudicación de premios.

De levarse a cabo o módulo 3 e o acondicionamento do espazo exterior, segundo o disposto polo órgano de contratación no momento anterior á adxudicación do contrato de servizos de redacción do proxecto técnico, e de acordo ao establecido máis adiante, los honorarios adicionais de Proxecto básico e de execución e Dirección de obra serían de 95.161,07 € + IVE (66.605,56€ de proxecto e 28.555,51€ de dirección de obra).

As CATRO restantes propostas finalistas, entregaráselles un valor de premios escalados por diferentes contías, os cales fan un monto total de 20.000,00 € + IVE, segundo a seguinte desagregación:

  • Segundo premio: 5.000, 00 € + IVE
  • Terceiro premio: 5.000, 00 € + IVE
  • Cuarto premio: 5.000, 00 € + IVE
  • Quinto premio: 5.000, 00 € + IVE

Este concurso correspóndese ao código CPV 71221000-3 “Servizos de arquitectura para edificios” do Vocabulario Común de Contratos (CPV) aprobado polo Regulamento (CE) nº 213/2008, da Comisión do 29 de novembro de 2007, e ao código CPA 71.11 “Servizos técnicos de arquitectura” de clasificación estatística de produtos por actividades (CPA) aprobado polo Regulamento (UE) nº 1209/2014 da Comisión, do 29 de outubro de 2014, polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 451/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece unha nova clasificación estatística de produtos por actividades (CPA) e derrógase o Regulamento (CEE) nº 3696/93 do Consello.

A delimitación do ámbito de actuación, consta reflectido na documentación gráfica do concurso (Anexo 6 das Bases Técnicas).

Nas prescricións técnicas das bases, establécese o programa e demais condicionantes, co obxecto de acoutar a proposta para presentar, facilitando a libre expresión de formulacións de intervención arquitectónica e de ordenación urbana orixinais, as cales deberán expoñer solucións programáticas e construtivas acordes a este tipo de intervención, sempre no marco da maior eficiencia na utilización nos recursos, configuración parcelaria e das limitacións establecidas no plan urbanístico aplicable.

O orzamento construtivo previsto de contrata- PC- (con 19% de gastos xerais e 21% de IVE incluído) para a construción do novo edificio de equipamento cultural do Concello de Carballo, para cada un dos módulos, será o seguinte:
– MÓDULO 1 – AUDITORIO : 4.627.124,18 € (3.213.503,84€ de PEM)
– MÓDULO 2 – ESPAZO POLIVALENTE : 1.572.875,82 € (1.092.350,73€ de PEM)
– MÓDULO 3 – CONSERVATORIO DE MÚSICA: 1.851.661,00 € (1.285.965,00 de PEM)
– ESPAZO EXTERIOR – 219.728,74 € (152.600,00 de PEM)

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

FASE 1

A entrega da documentación da fase 1, efectuarase no prazo máximo de 30 días hábiles desde a publicación do concurso no perfil do contratante, por correo ou por mensaxería).

A documentación poderá entregarse:

● En man, en horario de apertura do Rexistro do concello, en días hábiles de 9:00h. a 13:30h., na dirección indicada no punto 04 destas bases; (en tal caso entregarase cubrindo o anexo 5 destas bases).
● Por correo segundo o disposto no art. 80.4 do Real Decreto 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento Xeral segundo o cal, cando a documentación se envíe por correo deberase:

– Xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e,
– Anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico a contratacion@carballo.gal no mesmo día con indicación do lema da proposta. Este aviso deberá facerse de maneira que se identifique unicamente o lema da proposta e non permita coñecer a identidade da persoa que realiza o envío.

Sen a concorrencia de ambos os requisitos non será admitida a documentación si é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora da terminación do prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, con todo, dez días seguintes á indicada data sen recibirse a documentación, esta non será admitida en ningún caso.
● Por mensaxería nas mesmas condicións que o envío por correo.

Os paquetes deberán ser enviados libres de cargas ou reembolso de ningún tipo. O concello de Carballo non asumirá custos nin trámites de ningún tipo en concepto de aduanas, mensaxería ou similares, e non aceptarán por tanto envíos que cheguen nesas condicións.

EN CALQUERA CASO, O CONCURSANTE DEBERÁ GARANTIR O ESTRITO ANONIMATO PARA OS EFECTOS DA SÚA CONTINUIDADE NO CONCURSO.

FASE 2

Ás cinco propostas finalistas seleccionadas na fase 1 para concorrer á fase 2, remitiráselles unha invitación para participar na segunda fase ao correo electrónico elaborado co lema e consignado no exterior do sobre nº 2 da primeira fase, para garantir o anonimato. A invitación publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación sendo esta data a que determinará o inicio do cómputo do prazo para presentar a documentación relativa a fase 2.

Na invitación para participar na fase 2 indicarase o prazo en que deben presentarse as propostas a nivel de anteproxecto. O prazo será como mínimo de 30 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da invitación no perfil do contratante do órgano de contratación.

Igualmente as propostas para presentar nesta segunda fase poderán presentarse:

● Por correo segundo o disposto no art. 80.4 do Real Decreto 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento Xeral segundo o cal, cando a documentación se envíe por correo deberase:

– Xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e,
– Anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico contratacion@carballo.gal no mesmo día con indicación do lema da proposta. Este aviso deberá facerse de maneira que se identifique unicamente o lema da proposta e non permita coñecer a identidade da persoa que realiza o envío.

Sen a concorrencia de ambos os requisitos non será admitida a documentación si é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora da terminación do prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, con todo, dez días seguintes á indicada data sen recibirse a documentación, esta non será admitida en ningún caso.
● Por mensaxería nas mesmas condicións que o envío por correo.

EN CALQUERA CASO, O CONCURSANTE DEBERÁ GARANTIR O ANONIMATO PARA OS EFECTOS DA SÚA CONTINUIDADE NO CONCURSO.

ENLACE Á PLATAFORMA DE CONTRATACIÓN DO ESTADO

Compartir