Concurso de ideas do deseño dunha instalación efemera de deseño urbano na praza de Ourense en Experimenta Pontevedra, Festival de Deseño Urbano

17 Abril 2018

Experimenta Pontevedra, Festival de Deseño Urbano, xorde coa intención de provocar unha reflexión sobre a cidade a través de propostas de arte, arquitectura e urbanismo. A primeira edición celebrarase entre o 21 e o 24 de xuño de 2018.

Esta convocatoria propón a creación dunha instalación efémera no tramo inicial da rúa Benito Corbal, no seu encontro coa Praza de Ourense. Formará parte do conxunto das instalacións qje se realizarán en diferentes localizacións do centro urbano da cidade. A Convocatoria comprende tanto o deseño da intervención como a posterior construción e desmonte por parte do equipo gañador.

Máis información neste ENLACE.

Compartir