Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a rehabilitación do edificio de xulgados situado na rúa Lalín de Vigo

23 Nov 2022

O COAG colabora coa Xunta de Galicia na convocatoria deste concurso, cuxo obxecto é seleccionar a mellor idea, a xuízo do Xurado, e desenvolvida a nivel de anteproxecto, que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudio de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de rehabilitación do edificio dos xulgados situado na rúa Lalín de Vigo.

Para a redacción do dito anteproxecto haberá de terse en consideración a normativa urbanística e medioambiental aplicable e as determinacións dispostas nos plans urbanísticos do concello de Vigo, das que se deberá dar cumprimento.

O orzamento estimado da obra para intervir na totalidade do edificio (incluíndo os dous sotos e o semisoto) ascende a DOCE MILLÓNS CENTO CORENTA E NOVE MIL DOUSCENTOS TRINTA E UN EUROS CON VINTE E SETE CÉNTIMOS (12.149.231,27 euros) IVE incluído. Este importe inclúen os gastos xerais, o beneficio industrial e o IVE (21%).

 PREMIOS
O orzamento estimado da obra para intervir na totalidade do edificio (incluíndo as tres plantas do soto) ascende a DOCE MILLÓNS CENTO CORENTA E NOVE MIL DOUSCENTOS TRINTA E UN EUROS CON VINTE E SETE CÉNTIMOS ( 12.149.231,27 euros), IVE incluído.

En base a este orzamento estimado de obra, o importe dos premios do concurso de ideas ascende a CEN MIL EUROS (100.000,00 €) cos seguintes importes:

PREMIOS

  • Gañador do concurso e Primeiro premio 30.000,00 €
  • Segundo premio 25.000,00 €
  • Terceiro premio 15.000,00 €
  • Primeiro accésit 10.000,00 €
  • Segundo accésit 10.000,00 €
  • Terceiro accésit 10.000,00 €

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

As propostas entregaranse, no prazo de 6 semanas desde a publicación do anuncio, necesariamente na oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situado no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, e virán dirixidos a:
Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Secretaría Xeral Técnica
Complexo Administrativo San Caetano, Bloque 1 – 1º andar
15781 – Santiago de Compostela

Enlace á plataforma de contratación.

Compartir