Acta co fallo da 1ª fase do Concurso de proxecto do edificio das entidades sociais do concello de Carballo e a súa comarca

29 Set 2025

Con data 29 de setembro, publicouse na Plataforma de Contratación del Sector Público a Invitacion para participar na 2ª Fase aos 4 candidatos seleccionados que se transcribe a continuación, logo da ACTA DO XURADO: SEGUNDA SESIÓN DE VALORACIÓN DO CONCURSO, publicada o día 26 de setembro.

Por Resolución de Alcaldía núm. 1412/2025 de 20/05/2025 e Resolución de Alcaldía núm. 1443/2025 de 21/05/2025, aprobouse íntegramente o expediente de contratación, conformado polo prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o prego de prescricións téncicas (PPT) e os seus Anexos, que rexerán a adxudicación do concurso de proxectos anónimo, con intervención de xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas en anteproxectos, tramitación ordinaria, con ulterior adxudicación ao gañador, do contrato de servizos de redacción do proxecto básico e de execución e de dirección facultativa das obras por procedemento negociado sen publicidade.

Realizada a 1a fase do concurso, a nivel de ideas previas, o fallo do xurado publicouse no perfil do contratante ubicado na Plataforma de Contratación do Sector Público o 26/09/2025 (acta da sesión celebrada en data 22/08/2025). Conforme ao establecido na cláusula 9a das bases, ás catro (4) propostas seleccionadas como finalistas na fase 1 para participar na fase 2, enviaráselles unha invitación para participar na segunda fase. Os catro autores que se indican a continuación serán invitados a participar na segunda fase para desenvolver a súa idea a nivel de anteproxecto:

LEMA
X1R14
00RUA
IN212
MT007

As propostas a nivel de anteproxecto que se presentarán nesta segunda fase deberán presentarse conforme ao establecido na cláusula 9a Fase 2 das bases e de forma anónima nos termos previstos na cláusula 8 das bases: Sobre no 3 (documentación técnica a nivel de anteproxecto).

Conforme ao establecido na cláusula 11 das bases, os criterios de valoración para a Fase 2 serán os seguintes: (ver distintos apartados do punto 4 do Prego Técnico)
BLOQUE 1. CALIDADE ARQUITECTÓNICA, ADECUACIÓN AO PROGRAMA DE INTERVENCIÓN E ADECUACIÓN AO ENTORNO (A, B e C): máximo de 60 puntos

– 1a. Calidade arquitectónica da proposta (ata 20 puntos).
– 1b. Calidade dos espazos interiores e eficacia da planificación de usos e programa técnico: 20 puntos.
– 1c. Integración e cumprimento urbanístico 10 puntos.
– 1d. Accesibilidade universal e non discriminación: 10 puntos.

BLOQUE 2. CRITERIOS DE SUSTENTABILIDADE, EFICIENCIA ENERXÉTICA E CRITERIOS AMBIENTAIS (D): máximo de 20 puntos.

– 2a. Demanda enerxética: 15 puntos.
– 2b. Custo ambiental: 5 puntos.

BLOQUE 3. VIABILIDADE TÉCNICA E ECONÓMICA DA PROPOSTA (E): máximo de 20 puntos:

– 3a. Custo da obra: 15 puntos.
– 3b. Custo de mantemento: 5 puntos.

O prazo para presentar o Sobre no 3 (documentación técnica a nivel de anteproxecto) será de trinta (30) días hábiles dende a publicación desta invitación no perfil de contrantante do Concello de Carballo, ubicado na Plataforma de Contratación do Sector Público.

 


ANUNCIO DO CONCURSO

Publicado na web de contratación do estado, o anuncio do Concurso de proxectos, de forma anónima coa intervención do Xurado, mediante un procedemento. en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónico do proxecto do edificio das entidades sociais do concello de Carballo (A Coruña) e a súa comarca de 1.620 m2.

O concursante tamén deberá propoñer o deseño da praza de acceso e da reurbanización da rúa Darwin, inmediatamente adxacente ao lugar no seu bordo norte. Este concurso convocase coa colaboración do COAG.

O concurso consta de dúas fases:
● Unha primeira fase, pública, aberta, anónima a nivel de ideas -de xeito sinxelo e inicial-, na que seleccionaranse 4 propostas cuxos autores serán convidados a participar na segunda fase para desenvolver a súa proposta a nivel de anteproxecto.
● Unha segunda fase, na que de entre as CATRO propostas desenvoltas a nivel de anteproxecto, -en desenvolvemento da súa idea inicial-, elixirase a proposta gañadora, a cuxo autor adxudicarase, previa a tramitación do procedemento negociado sen publicidade pertinente, o contrato de servizos de redacción do proxecto e dirección da obra do arquitecto, pola actuación descrita nestas bases, polo importe de taxas de 191.880,00 € + IVE, entregando 8.000,00 € + IVE a conta como Primeiro premio.

Aos TRES restantes concederáselles uns premios baremados en diferentes contías, que supoñen un importe total de 14.000,00 € + IVA, segundo o seguinte desglose:

Segundo premio: 6.000,00 € + IVA
Terceiro premio: 4.000,00 € + IVA
Cuarto premio: 4.000,00 € + IVA

O orzamento do contrato previsto (OEC con IVE) do proxecto de construción do novo edificio das entidades sociais, espazos de acceso libre e reurbanización da rúa estímase en 3.455.760,00 €. Todo isto de acordo co seguinte desglose:

● Edificio novo: 3.059.787,50 €
● Espazos de acceso libre: 251.982,50 €
● Reurbanización da rúa Darwin: 143.990,00 €*
(*) dos cales o 50% será para tratamento superficial e o outro 50% para mellora de servizos urbanos.

Sendo polo tanto o Orzamento de execución material (OEM) da totalidade da actuación, (descontando o 13% de GG e o 6% de BI e o 21% de IVE), de 2.400.000,00 €, segundo a estimación económica dos pregos técnicos. Todo isto de acordo co seguinte desglose:

● Edificio novo: 2.125.000,00 €
● Espazos de acceso libre: 175.000,00 €
● Reurbanización da rúa Darwin: 100.000,00 €*

(*) dos cales o 50% será para tratamento superficial e o outro 50% para mellora de servizos urbanos.

A proposta deberá incorporar e acreditar a súa viabilidade económica.
Valor estimado do contrato de servizos de redacción de proxecto, dirección de obra, (sen IVE). Honorarios totais € (IVE INCLUIDO) de acordo á seguinte desagregación, calculados sobre un PEM de 2.400.000,00€ (*):

CONCEPTO CUANTÍA 21% IVE TOTAL
Proxecto Básico e de Execución con ESS 134.640,00€ 28.274,40€ 162.914,40€
Dirección de obra de arquitecto e doc final 57.240,00€ 12.020,40€ 69.260,40€
Total honorarios (*) 191.880,00€ 40.294,80€ 232.174,80€

(*) Para o cálculo estimado dos honorarios de proxecto, utilizouse como referencia os que fixa ao caso a última publicación da Sociedad Estatal de Gestión Inmobiliaria de Patrimonio, SANA. -SEGIPSA- publicado no BOE do 27 de maio de 2015.

O prazo de presentación de ofertas na FASE 1 é de 30 días hábiles desde a publicación do concurso no perfil de contratante.

O prazo de presentación de ofertas na FASE 1 finaliza o venres 4 de xullo de 2025

Visita guiada o 28 de maio

Se empraza aos licitadores interesados a unha VISITA GUIDA nos térmos que seguen:
Lugar: c/Vázquez de Parga y c/Darwin lindante. Carballo
Data: Mércores, 28 de maio de 2025
Hora: 11:00 horas

Enlace á Plataforma de Contratación.

Compartir