Circular nº 29/2023: Xuntas Xerais ordinaria e extraordinaria de 19 de decembro de 2023: acordos e difusión de datos de participantes
Circular nº 1/2024: Apertura do prazo de configuración da cota e servizos colexiais para o exercicio 2024. Acordos da Xunta de Goberno: criterios de aplicación das cotas e servizos voluntarios colexiais e das bonificacións nas cotas colexiais.
Configuración
A configuración das cotas e servizos voluntarios deberase realizar a través da seguinte páxina web ENLACE
Información
- Documentación:
- Cotas e servizos colexiais para o ano 2024 (aprobado pola Xunta Xeral ordinaria de 19/12/2023)
- Criterios de aplicación de cotas e servizos voluntarios colexiais (aprobado pola Xunta de Goberno)
- Novidades de Cotas e servizos colexiais 2024
- Criterios de aplicación das bonificacións nas cotas colexiais (aprobado pola Xunta de Goberno)
- Consultas
Prazo
O prazo de configuración voluntaria da cota colexial rematará o 31 de xaneiro de 2024 ás 23:59 h.
Finalizado o período de configuración voluntaria, o día 1 de febreiro de 2024, para todos aqueles colexiados que non configuraron a súa colexiación, o Colexio procederá a renovala cos mesmos servizos que tiña subscritos o ano anterior. Este criterio aplicarase tamén en caso de ter subscrito a cota da Agrupación de Peritos no exercicio anterior.
En caso de ter aplicado unha bonificación no exercicio anterior, o seu mantemento dependerá das condicións particulares da mesma.