Colexiación 2019

Colexiación 2019

Circular nº 26/2018: Acordos da Xunta Xeral ordinaria celebrada o 18 de decembro de 2018.

Circular nº 27/2018: Aprobación do orzamento e das cotas colexiais para o exercicio 2019. Apertura do prazo de configuración da cota colexial 2019.

Inscrición

A subscrición das cotas deberase realizar a través da seguinte páxina web ENLACE

Información

Prazo

O prazo de subscrición voluntaria da cota colexial desenvólvese entre o 21 de decembro de 2018 e o 30 de xaneiro de 2019 ás 23:59 h.

Desconto por pronto pago ata o 10 de xaneiro e opción de aprazamento en 4 prazos

  • Pago íntegro con desconto do 2%.
    O cargo será o 15/01/2019 – Esta opción será configurable ata as 23:59 horas do 10/01/2019.
  • Pago íntegro sen desconto.
    O cargo será o 31/01/2019.
  • Pago fraccionado (4 pagos).
    Os cargos serán en xaneiro, abril, xullo e outubro.

Finalizado o período de configuración voluntaria na data indicada (30/01/2019), para todos aqueles colexiados que non configuraron a súa colexiación, o Colexio procederá a renovala cos mesmos servizos que tiña subscritos o ano anterior, pero sen incluír ningún tipo de desconto por pronto pago.