Intervención da arquitecta e doutora en urbanismo compostelá Lucía Cerrada Morato na xornada de “A Pegada do SIAC”

9 Nov 2026

Continuamos recollendo algunhas das intervencións da xornada “A Pegada do SIAC”. En setembro de 1976, Santiago acollía o I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela. Dirixido por Aldo Rossi, e impulsado por Cesar Portela e Salvador Tarragó, reuniu na cidade a unha xeración de arquitectos que viña discutir como intervir nos centros históricos e que forma debía tomar a cidade que se estaba construíndo.

Cincuenta anos despois, revistamos ese momento e a súa relevancia contemporánea. A arquitecta e doutora en Urbanismo compostelá Lucia Cerrada Morato revisa este momento histórico, as súas sensibilidades e ausencias lidas desde o momento contemporáneo para imaxinar como podería ser ese SIAC sobre a cidade do presente e do futuro.

@arquitectoscoag
@museodopobo
@arquitectos_de_santiago

Compartir