Resultado do proceso de selección para propoñer un equipo multidisciplinar conforme ao acordo de colaboración Axencia Turismo de Galicia

12 xuñ 2020

En relación coa convocatoria realizada na circular 11/2020 (e actualizada na circular 12/2020) dun proceso de selección para propoñer un equipo multidisciplinar conforme ao acordo de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, indícase que, rematado o prazo de inscrición e o proceso de selección, pódese consultar a información o respecto a continuación.

Rematado o prazo de inscrición, recibíronse as candidaturas dos equipos liderados polos seguinte arquitectos responsables, que se refiren por orde de presentación:

  1. Dona Ana Marquina Torres, colexiada 2135
  2. D. José Antonio Bouzas Bello, colexiado 4035
  3. Dona María Alba López Barreiro, colexiada 3380
  4. D. José Manuel Fernández Barreira, colexiado 2462
  5. D. Sergio J. Beceiro Lodeiro, colexiado 3.014
  6. D. Luis Fernández Fernández, colexiado 4151, en representación da Sociedade 30043
  7. D. Juan Alfonso Botana Castelo, colexiado 2405
  8. D. Ángel Santorio Cuartero, colexiado 2883
  9. D. Marcos Pérez Cachafeiro, colexiado 3158
  10. Dona Maria Jesus Mera Gonzalez, colexiada 3551
  11. D. Ricardo Sáez Díaz, colexiado 2215
  12. D. Carlos Romero Amenedo, colexiado 3864
  13. Dona Aranzazu Paz López, colexiada 3062
  14. D. Daniel Prieto Lopez, colexiado 3950
  15. D. Alberto Redondo Porto, colexiado 1646, en representación da Sociedade 20105

Revisada a documentación aportada polos equipos presentados, determinouse que os seguintes equipos non cumpren os requisitos da convocatoria:

3. Dona María Alba López Barreiro, colexiada 3380
6. D. Luis Fernández Fernández, colexiado 4151, en representación da Sociedade 30043
14. D. Daniel Prieto Lopez, colexiado 3950

Os 12 equipos restantes, verificado que cumpren os requisitos, pasaron á fase de selección.

Conforme se indica na convocatoria, a selección dos equipos candidatos a ser contratados pola Axencia para realizar as tarefas indicadas, realizouse por sorteo. O sorteo realizouse cunha aplicación informática que utiliza o algoritmo “Fisher-Yates”, o cal xera unha permutación aleatoria sobre un conxunto finito de elementos dando como resultado un listado.

Como consecuencia do sorteo estableceuse a seguinte orden de prelación:

  1. D. Alberto Redondo Porto, colexiado 1646, en representación da Sociedade 20105
  2. D. José Manuel Fernández Barreira, colexiado 2462
  3. D. Ángel Santorio Cuartero, colexiado 2883
  4. Dona Aranzazu Paz López, colexiada 3062
  5. D. Juan Alfonso Botana Castelo, colexiado 2405
  6. D. Sergio J. Beceiro Lodeiro, colexiado 3014
  7. D. José Antonio Bouzas Bello, colexiado 4035
  8. Dona Maria Jesus Mera Gonzalez, colexiada 3551
  9. D. Ricardo Sáez Díaz, colexiado 2215
  10. Dona Ana Marquina Torres, colexiada 2135
  11. D. Marcos Pérez Cachafeiro, colexiado 3158
  12. D. Carlos Romero Amenedo, colexiado 3864

A continuación, procederase a solicitar a acreditación dos requisitos aos seleccionados conforme á orde establecida. En caso de renuncia de calquera dos equipos seleccionados, procederase a asignarlle o seu posto na lista ao seguinte equipo conforme á orde de prelación.

Compartir