Conforme ao previsto na convocatoria do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á actualización de normativa técnica e de urbanismo, (circular 21/2018 de 18 de outubro), o pasado 4 de decembro reuniuse o tribunal configurado ao efecto de finalizar o proceso de selección, realizando as entrevistas aos candidatos que obtiveron maior puntuación nas fases anteriores (Valoración de méritos e Proba teórica e práctica).
Neste sentido, foron convocados para realizar as entrevistas os colexiados referidos a continuación:
- 3149, Pablo Castro Pais
- 4022, Ildefonso Garcia de Longoria Ramos
- 3424, Pablo Noya Suárez
Unha vez realizadas as entrevistas, a puntuación total obtida polos 3 candidatos no proceso sería a seguinte:
Candidato | méritos (25%) sobre 10 | nota proba para o proceso (65%) sobre 10 | entrevista persoal (10%) sobre 10 | puntuación total provisional (méritos+proba+entrevista) |
Pablo Castro Pais | 1.96 | 4.88 | 0,5 | 7.33 |
Pablo Noya Suárez | 1.88 | 4.63 | 0,75 | 7.26 |
Ildefonso García de Longoria Ramos | 1.92 | 3.41 | 1 | 6.20 |
Conforme ao anterior, o candidato que mais puntos obtivo é D. Pablo Castro Pais, colexiado nº 3149, que será o contratado para a prestación do servizo. Os demais candidatos entrevistados pasarán a formar un listado de suplentes, ordenados de maior a menor puntuación. En caso de que o seleccionado finalmente non acepte o encargo, procederase a ofrecer a contratación aos suplentes polo orden de prelación indicado ata que se asigne o servizo obxecto do contrato.
As consultas e reclamacións sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte ENLACE