Infórmase das medidas para reorganización de servizos colexiais durante o Nadal 2024-2025. Neste sentido, informase que todas as oficinas colexiais pecharán o martes 24 de decembro e o martes 31 de decembro.
Así mesmo, entre o 23 de decembro de 2024 e o 5 de xaneiro de 2025, establécese a reordenación temporal de determinados servizos colexiais. En relación coa ATENCIÓN PRESENCIAL DAS OFICINAS COLEXIAIS entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, comunícanse as seguintes incidencias:
- A delegación de Pontevedra: permanecerá pechada os días 30 de decembro e o 3 de xaneiro.
- A delegación de Ferrol: permanecerá pechada os días 30 de decembro e o 3 de xaneiro.
- Lembrase que, tal e como se indica no encabezado, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas os días 24 e 31 de decembro.
Por outra parte, determinouse suspender os servizos de Biblioteca e o servizo de publicación de ofertas de emprego privadas do 23 de decembro ao 5 de xaneiro (ambos inclusive).
Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Por último, trasládase a recomendación de contactar co COAG a través da plataforma de consultas colexial. Neste sentido, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:
- Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
- Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es…)
- Formación
- Finanzas e Tesourería
- Colexiación e Secretaría
- En caso de non ter claro o ámbito da consulta, pode usar o de Outras consultas.
- Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.
- Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través de COAGestudio ou da plataforma de consultas. Na plataforma de consultas, deberán realizar unha consulta de «visado» no seguinte ENLACE Unha vez seleccionada esta modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo «Visado (expedientes)» e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.