Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia. Reunións do COAG cos Grupos Parlamentarios

27 Xan 2015

Na liña de colaboración institucional aberta polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia  co Goberno Galego, no día de onte, luns 26 de xaneiro, tiveron lugar unha serie de reunións dunha representación do COAG cos Grupos Parlamentarios Galegos, co obxectivo de amosar a nosa disposición e vontade de colaboración e co obxectivo de mellorar a nosa lexislación urbanística no Anteproxecto de Lei do Solo en tramitación.Prezados Compañeiros,

Como ben coñecedes, e desde a publicación o pasado 13 de outubro do Anteproxecto da Lei do Solo de Galicia, transmitimos en Xunta de Goberno aos presidentes das delegacións  a importancia do traballo destas para elaborar alegacións ao texto, instándolles a convocar Xuntas de Delegación informativas, a recoller iniciativas dos colexiados, e a propor aos compañeiros participar para poder organizar un grupo de traballo. En moitas delegacións así se fixo, aínda que en todas se nomeu representante para ese grupo.

A primeira reunión en Sé foi o día 6 de novembro en Santiago (Estudo dos antecedentes do proxecto de Lei, enfoque da análise do documento, estudo do reparto do traballo entre os grupos e cronograma). Aínda que desde a Consellería se ofreceran pra ter reunións nas delegacións, dado o curto prazo para a elaboración de propostas aceptouse asistir o 12 de novembro a unha reunión na CMATI -Conselleira, Secretaria Xeral e Subdirector Xeral de Urbanismo- co COAG (decano, secretario, vogais e os representantes dos grupos de traballo de todas as delegacións excepto Santiago que aínda non formara grupo). Os dous xoves seguintes, 20 e 27 de novembro, realizáronse reunións en Sé con representantes de todas as delegacións, Decidiuse que as alegacións compoñeríanse dunha primeira crítica á Lei (partindo do principio de que esta non é a Lei que queremos ou a que se nos está transmitindo), e outra parte cunha análise pormenorizada do articulado, baseada no traballo realizado polas Delegacións, comprometéndose os representantes das delegacións a enviar antes do martes 2 de decembro as súas conclusións, para así poder redactar o documento final recollendo todas as achegas. Realizouse un traballo de comparación, posta en común e síntese en reunión do grupo de Sé celebrada o día 4 de decembro en Vigo, e redactouse un documento final único tendo en conta as achegas facilitadas polas Delegacións (a da delegación da Coruña  non puido ser estudada e recolleita neste documento por non dispoñeren dela, aínda que o día 10 de decembro A Coruña remitiu as súas achegas nun texto que se acompañou finalmente ao redactado).

O día 11 de decembro este documento foi estudado novamente por todo o grupo de traballo, presentouse á Xunta de Goberno para a súa aprobación e o 15 de decembro remitiuse finalmente á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o documento así como un anexo das aportacións facilitadas polas delegacións. De seguido, remitiuse copia aos grupos parlamentares do Parlamento de Galicia, cos que se levou a cabo un programa de reunións o pasado 26 de xaneiro.

Tódolos colexiados teñen novas de este proceso na nosa web (e dos integrantes dos grupos de traballo que se comunicaron, por outras delegacións, ao colectivo).

Ás reunións cos representantes dos cinco grupos parlamentares foron convocados representantes de tódalas delegacións (directivos ou representante da Comisión de Urbanismo de cadansúa), aínda que finalmente unicamente asistiu o presidente da delegación de Vigo, Antonio Davila, xunto a quen subscribe e os comisionados de Xunta de Goberno en esta área, Elvira Carregado e Alfredo Díaz, acompañados polo integrante do grupo de traballo Javier Rivas.

Nas xuntanzas, explicouse o documento presentado polo COAG, remarcando a dispoñibilidade do noso Colexio a colaborar cos representantes no Parlamento de Galicia no proceso de elaboración da devandita Lei do Solo.

Antonio Maroño Cal

decano

Estimados Compañeros,

Como bien conocéis, y desde la publicación el pasado 13 de octubre del Anteproyecto de la Ley del Solo de Galicia, transmitimos en Xunta de Goberno a los presidentes de las delegaciones la importancia del trabajo de estas para elaborar alegaciones al texto, instándolos a convocar Xuntas de Delegación informativas, a recoger iniciativas de los colegiados, y a proponer a los compañeros participar para poder organizar un grupo de trabajo. En muchas delegaciones así se hizo, aunque en todas sí se nombraron representantes para ese grupo.

La primera reunión en Sede fue el día 6 de noviembre en Santiago (Estudio de los antecedentes del proyecto de Ley, enfoque del análisis del documento, estudio del reparto del trabajo entre los grupos y cronograma). Aunque desde la Consejería se habían ofrecido para tener reuniones en las delegaciones, dado el corto plazo para la elaboración de propuestas se aceptó asistir el 12 de noviembre a una reunión en la CMATI -Consejera, Secretaria General y Subdirector General de Urbanismo- con el COAG (decano, secretario, vocales y los representantes de los grupos de trabajo de todas las delegaciones excepto Santiago que aun no había formado grupo). Los dos jueves siguientes, 20 y 27 de noviembre, se realizaron reuniones en Sede con representantes de todas las delegaciones, Se decidió que las alegaciones se compondrían de una primera crítica a la Ley (partiendo del principio de que esta no es la Ley que queremos o la que si nos está transmitiendo), y otra parte con un análisis pormenorizado del articulado, basado en el trabajo realizado por las Delegaciones, comprometiéndose a los representantes de las delegaciones a enviar antes del martes 2 de diciembre sus conclusiones, para así poder redactar el documento final recogiendo todas las aportaciones. Se realizó un trabajo de comparación, puesta en común y síntesis en reunión del grupo de Sede celebrada el día 4 de diciembre en Vigo, y se redactó un documento final único teniendo en cuenta las aportaciones facilitadas por las Delegaciones (la de la delegación de la Coruña no pudo ser estudiada y recolección en este documento por no disponer de ella, aunque el día 10 de diciembre A Coruña remitió sus aportaciones en un texto que se acompañó finalmente a lo redactado).

El día 11 de diciembre este documento fue estudiado nuevamente por todo el grupo de trabajo, se presentó a la Junta de Gobierno para su aprobación y el 15 de diciembre se remitió finalmente a la Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras el documento así como un anexo de las aportaciones facilitadas por las delegaciones. Acto seguido, se remitió copia a los grupos parlamentarios del Parlamento de Galicia, con los que se llevó a cabo un programa de reuniones.

Todos los colegiados tienen noticia de este proceso en nuestra web (y de los integrantes de los grupos de trabajo que se comunicaron, por otras delegaciones, al colectivo).

A las reuniones con los representantes de los cinco grupos parlamentarios fueron convocados representantes de todas las delegaciones (directivos o representantes de la Comisión de Urbanismo de cada una), aunque finalmente únicamente asistió el presidente de la delegación de Vigo, Antonio Davila, junto a quien suscribe y los comisionados de Xunta de Goberno en este área, Elvira Carregado y Alfredo Díaz, acompañados por el integrante del grupo de trabajo Javier Rivas.

En las reuniones, se explicó el documento presentado por el COAG, remarcando la disponibilidad de nuestro Colexio a colaborar con los representantes en el Parlamento de Galicia en el proceso de elaboración de la mencionada Lei do Solo.

Antonio Maroño Cal

decano

Reunión AGE (3) Reunión Grupo BNG (4) Reunión Grupo Mixto (4) Reunión Grupo Popular (1) Reunión Grupo Socialista (2)

Compartir