Gala XX PremiosCOAG: inscrición de asistentes

8 Mar 2023

O vindeiro sábado 18 de marzo, a partir das 12,00 horas, terá lugar a gala dos XX Premios COAG de Arquitectura, na Fábrica Cerámica de Sargadelos, na rúa Paraño, s/n, en Cervo, Lugo. 

Aqueles colexiados interesados en asistir á gala deberán solicitalo conforme ás  seguintes indicacións:

  • As prazas dispoñibles adxudicaranse por estricto orde de petición. En caso de que haxa máis inscritos que prazas, configurarase unha lista de espera para posibles cancelacións.
  • Cada colexiado/a inscrito/a poderá acudir con 1 acompañante. Neste caso, deberase indicar o nome e apelidos do/a acompañante.
  • A inscrición deberase realizar cubrindo o formulario dispoñible no seguinte ENLACE
  • En caso de que unha vez confimada a inscrición, se desexe anular a mesma ou solicitar algunha corrección, deberá indicarse, á maior brevidade posible, na platorma de consultas colexial.

As solicitudes de inscrición deberán realizarse á maior brevidade posible e, en todo caso antes das 13:00 horas do mércores 15 de marzo.

A confirmación da inscrición ou do paso á lista de espera comunicarase á maior brevidade posible.

En caso de querer facer algunha consulta, deberá remitirse a través da  platorma de consultas colexial.

Compartir