Conferencia Joaquim Sabaté Bel “Retos del urbanismo en el siglo XXI, el territorio sujeto de derechos”

15 maio 2024

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, e que en poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.

A quinta das conferencia terá lugar o vindeiro luns 27 de maio, ás 19:00 horas, a cargo de Joaquim Sabaté, titulada Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos. Joaquim reflexionará sobre os desafíos complexos aos que se enfronta o urbanismo do século XXI, onde o territorio emerxe como un suxeito de dereitos que esixe atención e protección.

Neste contexto, é crucial recoñecer a rica cultura territorial presente ao longo da historia e desentrañar os patróns de ocupación do territorio mediante a interpretación profunda da súa cultura. A categorización e a proxección efectiva do territorio son fundamentais, especialmente en tempos de incerteza, para fomentar un desenvolvemento urbano e territorial sostible e equitativo. A identidade do territorio revélase como unha fonte de alternativas, promovendo a actualización de patróns tradicionais e a adopción de modelos e ferramentas para guiar o desenvolvemento urbano. Así mesmo, requírese establecer criterios claros e pre-requisitos fundamentais para abordar de maneira integral o proxecto territorial, recoñecendo a importancia dun enfoque holístico e colaborativo para garantir a viabilidade e equidade no desenvolvemento territorial.

PONENTE

Joaquim Sabaté Bel é Catedrático de Urbanismo (ETSAB), doutor arquitecto e economista. Doutor Honoris Causa pola Universidade de Córdoba (Arxentina). Fundador do Laboratorio Internacional de Paisaxes Culturais e director de revístaa Identidades: Territorio, Cultura, Patrimonio. Investigacións sobre recursos patrimoniais e desenvolvemento local.

Impartiu conferencias e cursos en numerosas universidades europeas, americanas e asiáticas. Investiga sobre instrumentos e métodos do proxecto urbano e territorial e relación entre recursos patrimoniais e desenvolvemento local, o que se traduciu en máis de trescentos capítulos, libros ou artigos e unhas sesenta teses doutorais.

Autor de estudos e plans en Arxentina, Brasil, Chile, España e Uruguai. En tres ocasiones Premio Nacional de Urbanismo (España) e Premios de Urbanismo e Especial de Patrimonio (Cataluña).

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:

Luns 27 de maio de 2024

HORARIO:

19:00 a 20:30 horas

LUGAR:

Consello da Cultura Galega. Praza do Obradoiro, 4, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Compartir