Infórmase que, durante as festas de Nadal, debido á redución de efectivos por mor do desfrute das súas vacacións polo persoal, a capacidade de atención telefónica e presencial do Colexio verase reducida, polo que se recomenda realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.
En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:
- Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
- Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es,…)
- Formación
- Finanzas e Tesourería
- Colexiación e Secretaría.
En caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.
Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través da plataforma de consultas.
Para o cal deberán realizar unha consulta de “visado” no seguinte ENLACE
Unha vez seleccionada está modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo “Visado (expedientes)” e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.
Seguindo as indicacións anteriores, evitarase que este tipo de solicitudes entren a través doutras modalidades de consulta, o que fai que se demore a súa atención.
Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.