Ampliación de prazo e actualización de condicións da convocatoria dun proceso de selección para propoñer un equipo multidisciplinar conforme ao acordo de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia

10 xuñ 2020

Tal e como se anuncia na Circular 12 2020, están actualizadas as condicións desta convocatoria, e ampliado o prazo ate as 11,00 horas do día 11 de xuño.

O obxecto da convocatoria é a selección dun equipo para a verificación inicial dos requisitos da convocatoria das subvencións a entidades locais e particulares para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento dos bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

Con motivo das consultas recibidas polo colexiados ao respecto da mesma, sobre todo indicando os problemas para tramitar e renovar os certificados dixitais nestas datas, para resolver as posibles dúbidas sobre o contido da mesma, determinase actualizar a devandita convocatoria nos seguintes termos:

  • Para realizar a inscrición deberanse presentar os formularios de inscrición, conforme aos modelos establecidos dispoñibles na circular 11/2020, debidamente cubertos e asinados con sinatura dixital válida (FNMT, DNI…)

En caso de que non se dispoña de sinatura dixital válida, deberase entregar o formulario cuberto e asinado manuscrito escaneado e acompañado do DNI do asinante. 

En caso de resultar seleccionado o equipo, no trámite de acreditación dos requisitos, os membros do mesmo que non presentarán a solicitude asinada con sinatura dixital válida, deberán aportar o orixinal asinado e copia do DNI nunha oficina colexial.

  • Os arquitectos integrantes do equipo estean colexiados no COAG, atopándose en plenitude dos seus dereitos como colexiados e plenamente habilitados para o exercicio da profesión  e non son incompatibles para a realización do servizo contratado.

Tamén poderán formar parte do equipo aqueles arquitectos colexiados noutros Colexio de Arquitectos de España, atopándose en plenitude dos seus dereitos como colexiados e plenamente habilitados para o exercicio da profesión  e non son incompatibles para a realización do servizo contratado. Neste último caso, deberanse ter en conta as seguintes indicacións:

  • Se os arquitectos doutro Colexio dispoñen de número de rexistro na base de datos do COAG, deberán indicalo na súa solicitude de participación.
  • Se non dispoñen aínda de número de rexistro na base de datos do COAG, poden solicitar o mesmo seguindo as indicacións do seguinte ENLACE ou cubrir o formulario indicando o Colexio no que figura inscritos e o seu número de colexiados.
  • Modificar o prazo de inscrición que pasará a rematar ás 11:00 horas do xoves 11 de xuño de 2020.

Lémbrase que os demais termos da convocatoria, se poden consultar na  circular colexial 11/2020

Compartir