A partir dos resultados da preinscrición, o xoves 16 de febreiro ás 12:00 terá lugar unha xornada online na que se exporán os principais aspectos do funcionamento de COAGEstudio Web, facendo fincapé nas novidades que presenta respecto á versión de escritorio.
Para participar en directo utilizarase o seguinte [+ enlace] de inscrición.
Esta sesión gravarase e porase a disposición de todos os colexiados.
Lémbrase que, tal e como se indicou na circular 31/22, a partir do 1 de marzo a versión de escritorio de COAGEstudio deixará de estar operativa para a tramitación dos traballos profesionais no COAG. A partir desta data, haberá de utilizarse COAGEstudio na súa versión web. Até o 1 de marzo, as versións web e de escritorio poden utilizarse indistintamente.
Na web do Colexio atópanse dispoñibles diversos recursos sobre o funcionamento da aplicación web (vídeos de exemplo, manual, faq). A este material de apoio engadíronse recentemente dous novos recursos destinados a aqueles colexiados que tramitan actualmente coa versión de escritorio:
- Un vídeo no que se describen de forma sintética as principais diferenzas entre a versión de escritorio e a versión web.
- Un breve documento de preguntas e respostas máis frecuentes (faq) que se focaliza así mesmo nas diferenzas coa versión web.