O III Plan Rescate para autónomos e empresas activado pola Xunta a través da Consellería de Emprego e Igualdade, e que ten como obxectivo aportar liquidez aos autónomos e empresarios con carácter inmediato, apoiar a súa solvencia e acompañalos no camiño da recuperación, permanece aberto para a presentación de solicitudes ata o vindeiro 14 de xullo.
O Plan está composto polos tres programas seguintes:
- Programa I – de apoio ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva
-
Programa II – de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros
-
Programa III – de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras
Máis información: www.oficinadoautonomo.gal / 900 815 600