Como consecuencia da estimación parcial do recurso do COAG, derivará a anulación da licitación convocada, agora suspendida, e o inicio dun novo expediente, coa reformulación do prego de claúsulas administrativas particulares.
Máis información:
A resolución do recurso acolle e estima as seguintes alegación que fixo o COAG no recurso presentado:
- O COAG entendía que os requisitos que se esixían ao DIRECTOR do equipo redactor eran excesivos e desproporcionados e así se acepta na resolución.
- O COAG entendía que tendo sido consignado no prego a posibilidade de acreditar a solvencia económica mediante seguro, DEBÍA ADMITIRSE TAMÉN como documentación acreditativa O COMPROMISO VINCULANTE DE SUBSCRIBIR SEGURO NO CASO DE RESULTAR ADXUDICATARIO e non só a existencia de seguro no momento da licitación. Na resolución estímase que debeu incorporarse no prego que a existencia de seguro podía acreditarse xa por ter unha póliza en vigor ou ben presentando un compromiso vinculante de subscribir seguro en caso de resultar adxudicatario.
- O COAG entendía que a cláusula 24.3 resultaba abusiva pois supoñía unha inxerencia do concello na xestión e organización interna do eventual adxudicatario. A resolución estima esta alegación e entende que a redacción de dita cláusula do prego debe ser modificada.