Co título “Onde a Música Habita” o próximo mércores 22 de marzo, ás 11:30 horas, será presentado no Concello de Santiago un ciclo de música no que colabora a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos co obxectivo de por en valor a arquitectura notabel da nosa cidade como marco destas accións culturais.
Na presentación detaiaranse todos os concertos que inclué o ciclo xunto cos emprazamentos arquitectónicos nos que poderán ser disfrutados.
Póderase reservar entrada na seguinte ligazón:
https://reservas.gal/
Así, dende o Concello de Santiago de man do Colexio de Arquitectos de Santiago de Compostela arranca este ciclo de concertos itinerantes que nace para achegar a música a espazos arquitectónicos referentes na cidade, espazos dos cales moitos cidadáns descoñecen a súa relevancia arquitectónica a pesar de ser edificios coñecidos e utilizados.
Cada concerto será introducido por Quico Cadaval, que nos contará sobre a historia da localización na que nos atopamos en cada ocasión.
A música ponse ao servicio da arquitectura, adaptando cada proposta ás características do espazo.