II Congreso de Contratación Pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible

6 Mar 2024

A Deputación Provincial da Coruña organiza este Congreso que terá lugar o luns 1 e martes 2 de abril de 2024 no Teatro Colón (Avenida da Mariña, 4) da Coruña.

Dirección do Congreso: Xosé Luis Penas Corral, deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento.

Coordinación: Luis Jaime Rodríguez Fernández, xefe do servizo de Patrimonio e Contratación da  Deputación Provincial de A Coruña.

Teléfonos : 981 080 366 / 981 080 314

Persoas destinatarias: Persoal das administracións públicas, cargos electos, arquitectos/as, enxeñeiros/as, avogados/as, economistas, empresarios/as, estudantes, opositores/as e persoas interesadas en xeral.

O congreso contará cun servizo permanente de intérpretes en  lingua de signos

Inscrición: Gratuíta, na seguinte ligazón:

Formulario

Prazo de inscrición: ata as 23.59 horas do domingo, 31 de marzo de 2024

Certificado de asistencia: enviaráselles ás persoas que asistan e o solicitaran no documento de inscrición.

O obxecto deste congreso é reflexionar, debater e atopar puntos de encontro para buscar aquelas medidas e instrumentos que permitan conseguir unha maior axilidade e simplificación na xestión administrativa da contratación, poñendo especial énfase na contratación estratéxica e singularmente na xestión pública con perspectiva de xénero. Así mesmo trataranse outros temas de interese relativos a esta materia, a prol dun mellor servizo á cidadanía, contratistas, e á propia administración.

MÁIS INFORMACIÓN

Compartir