Encontro “Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”

9 novembro 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 13 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) o encontro “Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”.

O evento ten como principal obxectivo contribuír á configuración dun ecosistema do deseño en Galicia coas características necesarias para garantir o seu impacto sobre a innovación empresarial. Neste marco, busca fomentar o intercambio de coñecemento, a difusión de boas prácticas e o establecemento de contacto entre os e as profesionais do deseño, as asociacións que os representan, as institucións académicas vinculadas ao sector e a industria galega.

Máis información.

Compartir