Curso Taller sobre a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente. COAG

6 Nov 2023

O obxectivo do curso é elaborar, a través dun taller práctico, o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela.

Os principais fins que articulan a metodoloxía exposta neste curso son:

  1. Que os alumnos coñezan e poidan participar no proceso completo, desde a fase de toma de datos previa ata o documento finalizado, pasando pola visita de inspección (que gravaremos “in situ” e posteriormente, expoñeremos na sesións do curso), análise dos datos recolleitos e propostas finais.
  2. Propoñer unha metodoloxía de traballo para a elaboración do LEEx, baseada na Guía para a elaboración do Libro do Edificio Existente elaborado polo Instituto de Ciencias de la Construción Eduardo Torroja – CSIC, o Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España e o Consejo General da Arquitectura Técnica de España. En base a este documento, elaboráronse unhas fichas para a toma de datos e análises do cumprimento das prestacións que utilizaremos durante a nosa visita de inspección e que poñeremos ao dispor dos alumnos xunto cos restantes materiais do curso.
  3. Analizar, debater e concluír, nas sesións de taller, e a partir dos datos solicitados, cal é o potencial de mellora en cada caso e cales serían as medidas razoables a incluír no plan de actuacións.
  4. Analizar as ferramentas dispoñibles a día de hoxe para a elaboración do LEEx. Finalmente, na última sesión, e a partir de toda a información xa elaborada nas sesións previas, elaboraremos o LEEx deste edificio utilizando para iso a ferramenta do Instituto de la Construción de Castilla y León.

Este curso desenvolve a totalidade dos contidos obrigatorios do LEEx coa excepción do CEE. Esta parte, ao ter uns procedementos tanto de cálculo como de tramitación propios e ser un documento transversal a moitos outros traballos, abordarase nun segundo curso que, sobre o mesmo edificio, convocaremos en datas próximas.

Así, o itinerario completo está integrado por dous cursos independentes:

1. Parte I: Taller práctico sobre a elaboración do IEE e o LEEx (curso actual), excluíndo CEE.
2. Parte II: Taller práctico sobre certificación enerxética de edificacións existentes, que convocaremos nas próximas semanas, e no que se desenvolverá a parte correspondente á certificación enerxética e propostas de mellora para o Edificio Apolo.

Prezos de matrícula e aforo

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 65 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros

O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 29/10/2023 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 29/10/2023 ata o domingo 5/11/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Compartir