Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos para a construción da nova sede do IMELGA en Santiago de Compostela

6 Ago 2021

Con data 6 de agosto, a Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, convoca o Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos para a construción da nova sede do Instituto de Mediciña Legal de Galicia (IMELGA) en Santiago de Compostela.

A Xunta vén de publicar na plataforma de Contratos Públicos de Galicia este concurso de ideas, no marco do convenio asinado o pasado xullo co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esta actuación suporá un investimento de máis de 4,3 millóns de euros por parte do Goberno galego co obxectivo de dotar ao Imelga dunha sede de referencia na comunidade para a investigación médico-científica legal.

O obxecto do concurso é seleccionar, con carácter previo á licitación do procedemento para a redacción do proxecto, a mellor idea que sirva de base ao proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudo de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto e telecomunicacións das obras de construción do edificio que albergará a nova sede do Imelga na cidade compostelá.

Trátase dun concurso de ideas con intervención de xurado a nivel de anteproxecto coa finalidade de obter un maior número de propostas para unha avaliación máis completa fomentando a participación do sector.

A proposta técnica debe incluír unha memoria da solución proposta na que se baseará a construción detallando aspectos relacionados co deseño, a calidade dos materiais empregados, a integración e a innovación, así como a estimación do custo da edificación e das probas técnicas previas á redacción do proxecto.

Ademais, en canto ao programa de necesidades a desenvolver, os pregos do concurso recollen que no deseño deberanse priorizar a funcionalidade e accesibilidade das instalacións, o aproveitamento da iluminación natural con zonas diáfanas, a flexibilidade e versatilidade da idea para poder levar a cabo modificacións futuras debido aos cambios organizativos que poidan xurdir, ademais dun bo sistema de arquivo.

As bases deste concurso de ideas poden consultarse tanto na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia como na páxina web do COAG, tras a publicación do anuncio no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). O prazo de presentación dos traballos será de dous meses e finalizará o próximo 6 de outubro.

Os gañadores recibirán un premio de 15.000 euros; e os segundos, terceiros e os tres accésits repartiranse unha contía de 40.000 euros. Ademais do premio, os gañadores encargaranse de redactar o proxecto definitivo e a dirección das obras, cun investimento máximo previsto duns 268.400 euros polos seus honorarios.

A Xunta dá resposta con esta infraestrutura a unha demanda histórica e o novo edificio será, por unha parte, sede da dirección do Instituto en toda a comunidade e tamén sede da Subdirección de Santiago, unha das sete coas que conta nas sete cidades galegas. O Goberno galego xa reservou nos orzamentos deste ano 320.000 euros para botar a andar o proxecto e comezar a súa posta en marcha o antes posible.

Deste xeito, o Imelga poderá dispoñer dunhas instalacións modernas e adecuadas para o desempeño dos forenses e equipos psicosociais, cunha dotación de novos e avanzados medios técnicos que lle permitan manterse como centro de referencia da medicina forense e de atención ás vítimas de agresións sexuais. A superficie útil do edificio superará os 3.200 metros cadrados e ubicarase nunha parcela cedida polo Concello de Santiago.

A documentación do concurso atópase no seguinte ENLACE.


Con fecha 6 de agosto, la Vicepresidencia 1ª y Consellería de Presidencia, Justicia y Turismo de la Xunta de Galicai, convoca el Concurso de ideas, con intervención de jurado, a nivel de anteproyectos para la construcción de la nueva sede del Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) en Santiago de Compostela.

La Xunta acaba de publicar en la plataforma de Contratos Públicos de Galicia este concurso de ideas, en el marco del convenio firmado el pasado julio con el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esta actuación supondrá una inversión de más de 4,3 millones de euros por parte del Gobierno gallego con el objetivo de dotar al Imelga de una sede de referencia en la comunidad para la investigación médico-científica legal.

El objeto del concurso es seleccionar, con carácter previo a la licitación del procedimiento para la redacción del proyecto, la mejor idea que sirva de base al proyecto técnico, básico y de ejecución, incluido el estudio de seguridad y salud, el estudio de gestión de residuos, la certificación energética y el proyecto y telecomunicaciones de las obras de construcción del edificio que albergará la nueva sede del Imelga en la ciudad compostelana.

Se trata de un concurso de ideas con intervención de jurado a nivel de anteproyecto con la finalidad de obtener un mayor número de propuestas para una evaluación más completa fomentando la participación del sector.

La propuesta técnica debe incluir una memoria de la solución propuesta en la que se basará la construcción detallando aspectos relacionados con el diseño, la calidad de los materiales empleados, la integración y la innovación, así como la estimación del coste de la edificación y de las pruebas técnicas previas a la redacción del proyecto.

Además, en cuanto al programa de necesidades a desarrollar, los pliegos del concurso recogen que en el diseño se deberán priorizar la funcionalidad y accesibilidad de las instalaciones, el aprovechamiento de la iluminación natural con zonas diáfanas, la flexibilidad y versatilidad de la idea para poder llevar a cabo modificaciones futuras debido a los cambios organizativos que puedan surgir, además de un bueno sistema de archivo.

Las bases de este concurso de ideas pueden consultarse tanto en la Plataforma de Contratos Públicos de Galicia cómo en la página web del COAG, tras la publicación del anuncio en el Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE). El plazo de presentación de los trabajos será de dos meses y finalizará el próximo 6 de octubre.

Los ganadores recibirán un premio de 15.000 euros; y los segundos, terceros y los tres accésits se repartirán una cuantía de 40.000 euros. Además del premio, los ganadores se encargarán de redactar el proyecto definitivo y la dirección de las obras, con una inversión máxima previsto de unos 268.400 euros por sus honorarios.

La Xunta da respuesta con esta infraestructura a una demanda histórica y el nuevo edificio será, por una parte, sed de la dirección del Instituto en toda la comunidad y también sed de la Subdirección de Santiago, una de las siete con las que cuenta en las siete ciudades gallegas. El Gobierno gallego ya reservó en los presupuestos de este año 320.000 euros para echar a andar el proyecto y comenzar su puesta en marcha el antes posible.

De este modo, el Imelga podrá disponer de unas instalaciones modernas y adecuadas para el desempeño de los forenses y equipos psicosociales, con una dotación de nuevos y avanzados medios técnicos que le permitan mantenerse como centro de referencia de la medicina forense y de atención a las víctimas de agresiones sexuales. La superficie útil del edificio superará los 3.200 metros cuadrados y se ubicará en una parcela cedida por el Ayuntamiento de Santiago.

La documentación del concurso se encuentra en el siguiente ENLACE.

Compartir